terça-feira, 7 de maio de 2013

A miña escolla...

Esta é a escolla de Andrés Lorenzo de 2º de Bacharelato.
 
Nestes días nos que se fala moito de Arbo, recuperamos un documental sobre un personaxe ben coñecido por estas terras, Eduardo Lorenzo "O último gaiteiro na Habana".
Eduardo Lorenzo viviu a súa nenez e xuventude en Cabeiras, Arbo. Coa idade de 30 anos voltou á Habana, onde nacera. Alí converteuse nun gran e recoñecido mestre da gaita galega. En 2003 volveu ao seu querido Arbo de viaxe, aquí visitou a casa onde vivira 30 anos, foi encomendarse a San Fins e recibiu unha homenaxe con gaiteiros no Mesón da Lamprea en Cabeiras, onde tocou e tamén bailou. Un par de meses despois faleceu na Habana.
 
 Se queredes saber máis, non deixedes de ver o seguinte video:
 
  Grazas Andrés!

1 comentário:

  1. Moitas grazas Andrés por compartir esta historia familiar e tan fermosa. Podes sentirte ben orgulloso!

    ResponderEliminar