O día 1 de maio celébrase o día internacional
dos traballadores. Nesta data, símbolo para o movemento obreiro internacional,
lémbrase a necesidade de procurar unhas condicións dignas e xustas para todos
os traballadores, independentemente da súa actividade laboral. Dende o seu
establecemento en tódolos países por acordo do Congreso Obreiro Socialista
celebrado en París en 1889 é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe
aos Mártires de Chicago que foron executados pola súa participación nas xornadas
de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que culminaron na
folga do 1º de maio de 1886 nos Estados Unidos.
Aquí reprodúcese un fragmento das octavillas
impresas por Adolf Fischer, periodista alemán, tras os acontecementos na praza
Haymarket de Chicago, onde varios obreiros foron asasinados na xornada de
folga, e que lle custaron a súa vida -foi aforcado tras un xuízo sumario-.
“Traballadores: a guerra de clases comezou.
Onte, fronte á fábrica McCormik, fusilouse aos obreiros. ¡O seu sangue pide
vinganza! Quen poderá dubidar xa que os chacales que nos gobernan están ávidos
de sangue traballador? Pero os traballadores non son un rabaño de años. ¡Ao
terror branco respondamos co terror vermello! É preferible a morte que a
miseria. Si fusílasen aos traballadores, respondamos de tal xeito que os amos
recórdenos por moito tempo. É a necesidade o que nos fai gritar: ¡Ás armas!.
Onte, as mulleres e os fillos dos pobres choraban aos seus maridos e aos seus
pais fusilados, en tanto que nos palacios dos ricos enchíanse vasos de viño
custosos e bebíase á saúde dos bandidos da orde... ¡Secade as bágoas! Tende
coraxe, escravos! Levantádevos!”
Para completar a información sobre a matanza de
Chicago recomendamos o seguinte vídeo:
Sem comentários:
Enviar um comentário