Aos que gustedes da música tradicional, hai xa dous seráns proximamente:
1. no sábado dia 26 de outubro en Barcela (Arbo).
A partir das 10 da mañá, recolla de comida acompañados de gaiteiros.
Desde as 5 da tarde, Grande Magosto e Xogos Populares (O ovo
e a culler, corridas de sacos, as cadeiras, o pano, pións, boliñas, tira-corda...).
Ás 21:00 h. comezo do serán con música, comida, rifas e queimada.
2. no sábado 9 de novembro en Sela (Arbo), a segunda Noite de pote e esfollatada,
a este hai que acudir vestidos como os bisavós cando mozos: con tamancas, boinas,
panos da cabeza, saias compridas, coletes... e vontades de beillar solto ou agarrado...
Se nesta altura houber alguén que non saiba que é o que é un serán, que pinche nesta ligazón
Mostrar mensagens com a etiqueta Seráns. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 14 de outubro de 2013
domingo, 2 de junho de 2013
A miña escolla...
Convite de Estefanía Fernández para unha "Tarde de fiadeiro en Vide".

O
vindeiro domingo 9 de Xuño, a partires das cinco da tarde, celebraremos en Vide
unha "Tarde de fiadeiro". Un ano máis xuntarémonos veciños e amigos a
desfrutar da música, do baile e da festa.
Os "fiadeiros" teñen a súa orixe nas xuntanzas de vellos, mozos e mozas do lugar para fiar o liño nas noites de inverno. Nestas xuntanzas cantábase e rematábase bailando. Co tempo, o traballo de fiar foise perdendo, pero o costume de xuntarse para cantar, bailar e facer festa, non. Así, nas aldeas mantivéronse os fiadeiros, seráns, foliadas e ruadas.
En Vide quixemos recuperar esta tradición tan nosa e o grupo de pandereteiras, coa axuda dos veciños da parroquia, organizamos a primeira tarde de Fiadeiro, que repetimos ano tras ano. O máis bonito desta festa é que todos colaboran: os veciños poñen comida e bebida que logo se reparte entre os músicos e a xente que ven ó fiadeiro, as pandereteiras e gaiteir@s encargámonos da organización, poñemos a música e o baile, os nen@s da Unitaria fan uns cartaces preciosos que se colocan polas parroquias das Neves. E sobre todo é unha festa á que acuden a grande maioría dos veciños da parroquia.
Así que, xa sabedes, o domingo día 9, á tarde, estades todos invitados a Vide, a bailar, cantar e desfrutar da festa. E lembrade:
Por aquí vai o camiño,
por aquí vai o carreiro
por aquí vai o camino,
meniña pra o fiadeiro

Subscrever:
Mensagens (Atom)