Se a marquesa levantase a cabeza...
Eis a curtametraxe que se fixo trending no Pazo da Mercé estes días. Participan nela algúns membros do equiPAZO que, todo hai que dicilo, mesmo sacrificaron as súas vidas
Mostrar mensagens com a etiqueta Cine galego. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Cine galego. Mostrar todas as mensagens
segunda-feira, 9 de dezembro de 2013
quinta-feira, 13 de junho de 2013
Lembranzas...
O adeus a Pico...
E tamén SINBAD
Nacido en
Esteiro, Muros, en 1955, Xosé Manuel Olveira incorporase ao mundo do teatro en
1972, participando en diversas compañías que lle proporcionaron un lugar
estelar no teatro profesional, desde a inicial amadora Ditea até ser un nome de
referencia nas obras do Centro Dramático Galego, producións que lle valeron
diversos premios, entre eles, varios María Casares e Mestre Mateo.
A imaxe de
Olveira está apegada nos seus inicios aos comezos do cinema en galego, ás
producións de Chano Piñeiro nas que a súa interpretación comezou a abrirlle
portas no mundo do audiovisual, no que se convertiría no nome máis recoñecido,
tanto polos filmes que protagonizou como polas series televisivas nas que
participou.
"Era
o verdadeiro estandarte do teatro galego"
Arredor de
medio cento de filmes teñen Pico entre o seu reparto, desde as iniciais con
Chano Piñeiro até "Fuxidos", de Sancho Gracia; "El rey del
río", de Gutiérrez Aragón; "Blanca Madison", de Carlos Amil;
" A lingua das bolboretas", de José Luis Cuerda; "Cuando vuelvas
a mi lado", de Gracia Querejeta; "La noche que dejó de llover",
de Alfonso Zarauza; "Celda 211", de Daniel Monzón; "18 comidas",
de Jorge Coira; ou "Doentes", de Gustavo Balza.
Mais foi
nas series televisivas nas que Xosé Manuel Olveira se fixo popular,
converténdose nunha das imaxes máis recoñecidas do audiovisual. Inesquecíbeis
son as súas participacións en series como "Pratos combinados" ou
"Padre Casares", que contou co aplauso da audiencia ou "Air
Galicia" mais tamén coa presenza en series da televisión española como
"Cuéntame".
Olveira foi presidente da
Asociación Galega do Audiovisual e un dos referentes máis respectados entre a
profesión, con solidez profesional e persoal na defensa do teatro e o
audiovisual galego
Un adeus precisamente no ano en que se adican as Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, o autor de textos que Pico interpretou no teatro e tamén no cine. Aquí podedes ver a película "Doentes".
E tamén SINBAD
sábado, 11 de maio de 2013
Letras galegas 2013
Durante esta semana teremos varias actividades pero debemos comezar por lembra ao autor homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño. A súa producción caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, moi importante para a instalación do teatro galego.
http://robertovidalbolano.org/http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/index.htm
E tamén a canle temática da CRTVG onde se pode consultar diferente material audiovisual
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/letras-galegas-2013
Como complemento, queremos recuperar unha película na que RVB tamén foi actor de cine e que resulta imprescindible para o cinema galego. Trátase de "Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro (1989).
Subscrever:
Mensagens (Atom)
