Eis
algúns dos participantes no magosto que fixemos no día 15, por non o poder facer pola chuvia no 8 de
novembro. En canto comían as castañas e se enfurruxaban as bochechas coa borralla,
recuperaban os folgos e as enerxías perdidas durante a durísima cucaña. Como vedes, houbo gaiteiros e bastante participación.
Mostrar mensagens com a etiqueta Magosto. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Magosto. Mostrar todas as mensagens
quarta-feira, 27 de novembro de 2013
terça-feira, 12 de novembro de 2013
MAGOSTO no dia 15
Por fin vai haber magosto ou castañada no instituto nesta sexta feira [venres] dia 15. Un bocadiño tarde, pero deu en chover e suspendeuse. Ainda ben que non hai muito que non acabe nen pouco que non chegue.

Esperamos os sacos de bullo/fasco/candea/foupa (pinocha, frouma bruma, faísca, fisco, musgo, penica, pica, picaña, picaza, pico, pinica, pubela, pucha, pulazo, puma...) para asar e para acabar coa cara enfarruscada/enfurruxada/emborrallada
Subscrever:
Mensagens (Atom)
.jpg)