Mostrar mensagens com a etiqueta Contos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Contos. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 24 de janeiro de 2014

Novo ano, Benvindos ao 2014

Reiniciamos o ano escolar, iniciamos o ano do calendario.Logo deste reset, e para quecer dedos, un concursiño de relatos da
para máis detalles, clica AQuI

46º Concurso Literário de “Contos de Nenos para Nenos”
Alumnado do instituto interesado a participar vaino poder facer apenas pola categoría B (entre 13 e 16 anos), ainda que alguén podería entrar na A (de 6 a 12 anos). 
Non está mal: dous premios de 100 € a par dunha biblioteca de libros por un relato dun máximo de 10 (dez!) folios na categoría B
Só ten de ser orixinal (non publicado ningures, nin na rede nin en papel), escrito en galego e enviado antes do 31 de marzo do 2014.
Quen tiver interese xa pode ir facendo tres copias (tanto ten por computador ou á man), grampealas e detrás do último folio pórlle nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, nome do instituto e categoría na que participa. 
Despois ten de meter as copias nun sobre e envialo por correo a:

Associaçom Cultural O FACHO
R/ Frederico Tápia, 12-1º 
15005 A Corunha.

quarta-feira, 16 de outubro de 2013

Terrorífico concurso

En poucos días temos aquí xa o Halloween, as festas dos Santos e dos Defuntos, o Samhain dos celtas, datas en que nos lembramos dos falecidos e, para que non nos aparezan pola porta para nos levar ao máis alá ao arrastro, prendemos candeas dentro de cocos polos camiños e comemos castañas e cogumelos.
Como sabemos que tendes o medo no corpo, para o escorrentar quixemos organizar un concurso: O MEDO NO CORPO. 
Non vos pode tremer a man, pero os microrrelatos han ser breves (a cara A dun folio) e son para xa, para o 30 de Outubro. Entregádeos ben na Biblioteca ou ao Coordenador do EDL ou ben na conserxería do centro.
Non olvidedes co susto pór o nome e o grupo, para entrar en calquer das dúas categorías. Sen medo.

quinta-feira, 10 de outubro de 2013

Ciencia que conta

Máis de ciencia... 
xa están prontas as bases para o sexto concurso de relatos curtos CIENCIA QUE CONTA, podédelas ver ou descarregar aqui mesmiño. 
Háichevos catro categorías; unha é para ESO, outra para Bacharelato e Ciclos Formativos, outra para o público en xeral (pais, nais, avós, tíos, profes...) e máis outra para Primaria. O prazo termina no 16 de novembro, ánimo!!


A extensión dos relatos non pode pasar de 1000 (mil!!) palabras (uns tres folios) e hai que encher unha ficha en liña para poder participar (pódese ver nesta ligazón). O tema ten de estar relacionado con aspectos concretos da ciencia e a partir daí narrar unha historia... Podedes ver como o fixeron gañadores doutros anos (algúns do noso centro!!!) se clicades aqui.
Que a ciencia vos acompañe!