sexta-feira, 24 de janeiro de 2014

Novo ano, Benvindos ao 2014

Reiniciamos o ano escolar, iniciamos o ano do calendario.Logo deste reset, e para quecer dedos, un concursiño de relatos da
para máis detalles, clica AQuI

46º Concurso Literário de “Contos de Nenos para Nenos”
Alumnado do instituto interesado a participar vaino poder facer apenas pola categoría B (entre 13 e 16 anos), ainda que alguén podería entrar na A (de 6 a 12 anos). 
Non está mal: dous premios de 100 € a par dunha biblioteca de libros por un relato dun máximo de 10 (dez!) folios na categoría B. 
Só ten de ser orixinal (non publicado ningures, nin na rede nin en papel), escrito en galego e enviado antes do 31 de marzo do 2014.
Quen tiver interese xa pode ir facendo tres copias (tanto ten por computador ou á man), grampealas e detrás do último folio pórlle nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, nome do instituto e categoría na que participa. 
Despois ten de meter as copias nun sobre e envialo por correo a:

Associaçom Cultural O FACHO
R/ Frederico Tápia, 12-1º 
15005 A Corunha.