Eis
algúns dos participantes no magosto que fixemos no día 15, por non o poder facer pola chuvia no 8 de
novembro. En canto comían as castañas e se enfurruxaban as bochechas coa borralla,
recuperaban os folgos e as enerxías perdidas durante a durísima cucaña. Como vedes, houbo gaiteiros e bastante participación.
Mostrar mensagens com a etiqueta Fotos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Fotos. Mostrar todas as mensagens
quarta-feira, 27 de novembro de 2013
terça-feira, 19 de novembro de 2013
Temos o
inmenso pracer de convidar a todo o alumnado á cerimonia da solemne
entrega de
Premios
de Fotografía
de
setembro e de outubro
que vai
ter lugar na Biblioteca na sexta feira(venres) 22 de novembro
de 2013.
bvbvbvbvb
vbvbvbvbv
Lembramos
que para os premios de novembro e decembro vai haber unha nova
convocatoria en bibliopazo.blogspot.com
e en
dinamizaiespazodamerce.blogspot.com
sábado, 22 de junho de 2013
Fin de curso...
Acabaron as clases, e o euiPAZO quere agradecer o traballo a prol do
galego de toda a comunidade escolar, especialmente o d@s alumn@s. Sen vós non serían posibles tantas
actividades, nin tantos soños se farían realidade, e este blog que comezamos durante este curso estaría baleiro. Agora tedes todo o verán por diante para revisar eses bos momentos, os videos, as vosas escollas... pero tamén para pensar en novas actividades para o próximo curso.
Hai alumn@s colaborador@s que se van do centro, pero nunca se irán de todo...
Hai alumn@s colaborador@s que se van do centro, pero nunca se irán de todo...
segunda-feira, 17 de junho de 2013
terça-feira, 11 de junho de 2013
domingo, 2 de junho de 2013
A miña escolla...
Convite de Estefanía Fernández para unha "Tarde de fiadeiro en Vide".

O
vindeiro domingo 9 de Xuño, a partires das cinco da tarde, celebraremos en Vide
unha "Tarde de fiadeiro". Un ano máis xuntarémonos veciños e amigos a
desfrutar da música, do baile e da festa.
Os "fiadeiros" teñen a súa orixe nas xuntanzas de vellos, mozos e mozas do lugar para fiar o liño nas noites de inverno. Nestas xuntanzas cantábase e rematábase bailando. Co tempo, o traballo de fiar foise perdendo, pero o costume de xuntarse para cantar, bailar e facer festa, non. Así, nas aldeas mantivéronse os fiadeiros, seráns, foliadas e ruadas.
En Vide quixemos recuperar esta tradición tan nosa e o grupo de pandereteiras, coa axuda dos veciños da parroquia, organizamos a primeira tarde de Fiadeiro, que repetimos ano tras ano. O máis bonito desta festa é que todos colaboran: os veciños poñen comida e bebida que logo se reparte entre os músicos e a xente que ven ó fiadeiro, as pandereteiras e gaiteir@s encargámonos da organización, poñemos a música e o baile, os nen@s da Unitaria fan uns cartaces preciosos que se colocan polas parroquias das Neves. E sobre todo é unha festa á que acuden a grande maioría dos veciños da parroquia.
Así que, xa sabedes, o domingo día 9, á tarde, estades todos invitados a Vide, a bailar, cantar e desfrutar da festa. E lembrade:
Por aquí vai o camiño,
por aquí vai o carreiro
por aquí vai o camino,
meniña pra o fiadeiro

sábado, 1 de junho de 2013
Visita ao Garaxe Hermético de Kiko da Silva
A única escola profisional de Banda Deseñada que temos en Galicia...
Para una visita virtual...
http://www.ogaraxehermetico.com/
Para una visita virtual...
http://www.ogaraxehermetico.com/
quarta-feira, 29 de maio de 2013
A miña escolla...
Acabamos de coñecer o fallo do VII Certame de Poesía Xosé A. Barral, no que participaron os nosos alumnos Daniel Duque e Damián Lamas. Non foron os gañadores (por esta vez...) pero o seu poema está entre os destacados polo xurado.
Parabéns unha vez máis!!!
ROSALÍA
NO SÉCULO XXI
Adiós
twitter, adiós whatsapp,
adiós
tuenti da miña vida,
R
quitoume os megas,
por
descargar moita porquería.
Miña
tablet, miña tablet,
coa
que paso toda a tarde,
sempre
quedo sen batería,
non
me vai durar todo o día!
Adiós
twitter, adiós whatsapp.
non
sei cando nos veremos,
suspendemos
todos mates,
agora
que faremos?
Que
alegría meus amores,
teño
twitter en galego,
paxariños
piadores,
rechíos
de moitas cores.
Xa
non podo compartir,
por
culpa dos meus pais,
que me quitan o móbil,
para
que estude máis.
Adiós
whatsapp, adiós whatsapp
botarei de menos o twitter,
Meu
Deus! A diversión acaba!,
E xa
non podo seguir ó Papa…
terça-feira, 28 de maio de 2013
Obradoiro de poesía con Yolanda Castaño
Durante este curso tivemos varias actividades adicadas á poesía nas que colabora o EDL pero nesta semana tivemos una visita especial ao noso instituto, Yolanda Castaño. Deste obradoiro de poesía poderíamos dicir moitas cousas pero quedámonos cunha frase "A poesía non é de quen a escribe senón de quen a necesita".
Tamén temos un video ben emotivo cun dos poemas que nos recitou...
Subscrever:
Mensagens (Atom)
.jpg)