O 25 de abril é un día moi importante para historia de Portugal e tamén para nós. Esta é unha canción que simboliza a fraternidade e a democracia e por esta razón nestes últimos tempos sae ás rúas para ser cantada por novos e vellos en defensa das liberdades do pobo.
Grândola, Vila Morena é o nome da canción composta e cantada por Zeca Afonso
que foi escollida polo Movemento das
Forzas Armadas (MFA) para ser o segundo aceno para o comezo da Revolución dos caraveis. Zeca Afonso
compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária
Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e
sería censurada polo réxime Salazarista por ser unha canción asociada ao comunismo. Ás
00:20 do día 25 de abril de 1974, a canción era
transmitida nunha radio nacional, cantada por militares, como sinal para confirmar
as operacións da revolución. Por ese motivo, a ela quedou asociada, así
como ó comezo da Democracia en Portugal.
Se queres saber máis:
Sem comentários:
Enviar um comentário