O
vindeiro domingo 9 de Xuño, a partires das cinco da tarde, celebraremos en Vide
unha "Tarde de fiadeiro". Un ano máis xuntarémonos veciños e amigos a
desfrutar da música, do baile e da festa.
Os "fiadeiros" teñen a súa orixe nas xuntanzas de vellos, mozos e mozas do lugar para fiar o liño nas noites de inverno. Nestas xuntanzas cantábase e rematábase bailando. Co tempo, o traballo de fiar foise perdendo, pero o costume de xuntarse para cantar, bailar e facer festa, non. Así, nas aldeas mantivéronse os fiadeiros, seráns, foliadas e ruadas.
En Vide quixemos recuperar esta tradición tan nosa e o grupo de pandereteiras, coa axuda dos veciños da parroquia, organizamos a primeira tarde de Fiadeiro, que repetimos ano tras ano. O máis bonito desta festa é que todos colaboran: os veciños poñen comida e bebida que logo se reparte entre os músicos e a xente que ven ó fiadeiro, as pandereteiras e gaiteir@s encargámonos da organización, poñemos a música e o baile, os nen@s da Unitaria fan uns cartaces preciosos que se colocan polas parroquias das Neves. E sobre todo é unha festa á que acuden a grande maioría dos veciños da parroquia.
Así que, xa sabedes, o domingo día 9, á tarde, estades todos invitados a Vide, a bailar, cantar e desfrutar da festa. E lembrade:
Por aquí vai o camiño,
por aquí vai o carreiro
por aquí vai o camino,
meniña pra o fiadeiro

«O que nom canta nem baila,
ResponderEliminara que vai ao fiadeiro?
vai a ouvir quatro mentiras
p'ra contar um mês enteiro...»
Já nos vemos por ali para gastar pista e botar uns contos!!