Eis
algúns dos participantes no magosto que fixemos no día 15, por non o poder facer pola chuvia no 8 de
novembro. En canto comían as castañas e se enfurruxaban as bochechas coa borralla,
recuperaban os folgos e as enerxías perdidas durante a durísima cucaña. Como vedes, houbo gaiteiros e bastante participación.
quarta-feira, 27 de novembro de 2013
terça-feira, 19 de novembro de 2013
Temos o
inmenso pracer de convidar a todo o alumnado á cerimonia da solemne
entrega de
Premios
de Fotografía
de
setembro e de outubro
que vai
ter lugar na Biblioteca na sexta feira(venres) 22 de novembro
de 2013.
bvbvbvbvb
vbvbvbvbv
Lembramos
que para os premios de novembro e decembro vai haber unha nova
convocatoria en bibliopazo.blogspot.com
e en
dinamizaiespazodamerce.blogspot.com
terça-feira, 12 de novembro de 2013
MAGOSTO no dia 15
Por fin vai haber magosto ou castañada no instituto nesta sexta feira [venres] dia 15. Un bocadiño tarde, pero deu en chover e suspendeuse. Ainda ben que non hai muito que non acabe nen pouco que non chegue.

Esperamos os sacos de bullo/fasco/candea/foupa (pinocha, frouma bruma, faísca, fisco, musgo, penica, pica, picaña, picaza, pico, pinica, pubela, pucha, pulazo, puma...) para asar e para acabar coa cara enfarruscada/enfurruxada/emborrallada
segunda-feira, 28 de outubro de 2013
NOVEMBRO
Non ides ter descanso: Outro novo concurso... Cada mes ides poder participar nun concurso de fotografia, cada mes, por se a inspiración tarda a vir. Podedes consultar as bases aqui, tamén aqui ou aqui mesmo.
Podedes facer tantas fotos como queirades, pero presentar, o que é presentar, só cinco (5!!!) por mes. Serve igual cámara que móbil, pero para participar hai que traer as fotos nun pendrive ou envialas como arquivo adxunto polo correo electrónico a:
EDGL (equiPAZO) dinamiza.iespazodamerce@gmail.com
ou á Biblioteca bibliopazo.iespazodamerce@gmail.com
Ánimo!!!!
Podedes facer tantas fotos como queirades, pero presentar, o que é presentar, só cinco (5!!!) por mes. Serve igual cámara que móbil, pero para participar hai que traer as fotos nun pendrive ou envialas como arquivo adxunto polo correo electrónico a:
EDGL (equiPAZO) dinamiza.iespazodamerce@gmail.com
ou á Biblioteca bibliopazo.iespazodamerce@gmail.com
Ánimo!!!!
quarta-feira, 23 de outubro de 2013
O Celta gusta do galego, unha lingua de primeira!
Para os siareiros e simpatizantes do EquiPazo,
para que vexades que nin sempre se xoga apenas cos pés
Sorte e a gañar!!!
terça-feira, 22 de outubro de 2013
Alba, Henar e a súa historia co Galego
Aí vos presentamos a Alba e a Henar, ben... preséntanse elas sociñas, que saben falar bastante ben.
Espero que gustedes
quinta-feira, 17 de outubro de 2013
O galego no Luar
Un vídeo para que desfrutedes. Non, non é un estudo sobre o uso do galego na lúa nin no programa insignia da RTVG, non, pero mostra algunhas cousas que cadran. Podédelo ver se clicades na seguinte ligazón: # O galego no Luar #
Subscrever:
Mensagens (Atom)
.jpg)
