Pásate pola biblio!!!
En colaboración coa biblioteca e dentro das actividades Escolas Unesco fixemos una selección de poesía galega escrita por mulleres. É evidente que non están todas...pero temos un andel cheo de obras de poesía galega que podes consultar. Anímaste a descubrila?
Esta pequena exposición conta coas ilustracións das nosas alumnas colaboradoras de 3º ESO-A Sheila Gil, Sheila González e Andrea González.
quarta-feira, 29 de maio de 2013
terça-feira, 28 de maio de 2013
Obradoiro de poesía con Yolanda Castaño
Durante este curso tivemos varias actividades adicadas á poesía nas que colabora o EDL pero nesta semana tivemos una visita especial ao noso instituto, Yolanda Castaño. Deste obradoiro de poesía poderíamos dicir moitas cousas pero quedámonos cunha frase "A poesía non é de quen a escribe senón de quen a necesita".
Tamén temos un video ben emotivo cun dos poemas que nos recitou...
sexta-feira, 17 de maio de 2013
Algo máis que música...
TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
e orfo na noite fría.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
que outrora cantar solía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…
fiando, fía que fía…
Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
Celso Emilio Ferreiro
no albor do novo día.
Celso Emilio Ferreiro
quarta-feira, 15 de maio de 2013
Correlingua 2013
Hoxe fomos ao Correlingua a Vigo coas nosas vistosas pancartas co lema "Eu quero galego...a chave está no corazón". Aporveitamos tamén para visitar o Pazo de Quiñones e o Museo arqueolóxico.
Se queredes ver o ben que o pasamos, temos un video!!!
E agora o video oficial do Correlingua...
E a galería de fotos...
http://www.galizacig.com/avantar/node/494/8083
sábado, 11 de maio de 2013
Letras galegas 2013
Durante esta semana teremos varias actividades pero debemos comezar por lembra ao autor homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño. A súa producción caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, moi importante para a instalación do teatro galego.
http://robertovidalbolano.org/http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/index.htm
E tamén a canle temática da CRTVG onde se pode consultar diferente material audiovisual
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/letras-galegas-2013
Como complemento, queremos recuperar unha película na que RVB tamén foi actor de cine e que resulta imprescindible para o cinema galego. Trátase de "Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro (1989).
sexta-feira, 10 de maio de 2013
Excursión ao Courel 12-13
Hai algunhas semanas @s alumn@s de 2º de ESO foron de excursión ao Courel (e arredores). Parece ser que ían en busca do ouro pero trouxeron algo mellor...
Se o queredes descubrir, non deixedes de ver o video que fixo Silvia.
O Courel 2013 on PhotoPeach
Se o queredes descubrir, non deixedes de ver o video que fixo Silvia.
O Courel 2013 on PhotoPeach
quinta-feira, 9 de maio de 2013
Algo máis que música...
Hoxe, dende esta páxina, tamén queremos defender unha escola pública e de calidade.Queremos trasmitir valores como a democracia, a tolerancia e a defensa da nosa lingua. E queremos celebralo con música...
Se queredes saber máis desta estupenda muller, visitade a súa páxina oficial no seguinte enlace http://www.mariaxosesilvar.com/
Subscrever:
Mensagens (Atom)

